Os operarios contratados para realizar tarefas de limpeza nas praias de Redondela comezaron a traballar o pasado 24 de xullo e, en tan só dúas semanas, retiráronse un total de 90 toneladas de algas sendo preciso reforzar os servizos de Urbaser para que se procedera tamén a baleirar os contedores. Nesta semana está previsto realizar a criba da area para eliminar todo tipo de residuos depositados nos areais así como a reposición de area na Praia de Rande e de Arealonga co fin de acondicionar unha das zonas cun campo de voleibol.
Uns traballos de limpeza e acondicionamento dos areais que está a ser realizado por 11 peóns e dous capataces apoiados por dúas máquinas. Para facilitar a limpeza das praias durante todo o período estival está previsto que esta semana se incorporen seis novos peóns.
Explican dende o goberno local que o atraso na limpeza debeuse a que “a súa chegada a alcaldía non estaba rematado o proceso de contratacións das persoas que se encargan destas tarefas”. Engaden que “a día de hoxe xa se realizaron traballos de limpeza en todas as praias do municipio, retirándose as algas acumuladas e desenvolvéndose outros traballos complementarios como o acondicionamentos da contorna da praia coa reparación dos tramos de valado de madeiras que estaban estragados ou a colocación de papeleiras”.
Nesta semana está previsto realizar a criba da area para eliminar todo tipo de residuos depositados nos areais así como a reposición de area na Praia de Rande e de Arealonga co fin de acondicionar unha das zonas cun campo de voleyball.
Seguridade
Un total de 8 socorristas encargaranse de velar pola seguridade dos bañistas, un traballadores que realizan o seu traballo dende o inicio de mes. Explican dende o concello que queda pendente a contratación de 1 coordinador e 3 patróns de embarcacións para o Servizo de Salvamento que previsiblemente comezarán a traballar esta mesma semana.