Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira nocturna e solidaria para correr en familia

RR_Noticias

O Club de Atletismo de Redondela (CAR) celebra este sábado a XII edición da carreira popular Concello de Redondela que nesta ocasión presenta a novidade de ser nocturna. Un cambio que está a incrementar a participación que os organizadores confían en que supere os 500 inscritos. Para animar a cita deportiva haberá inchables e música na rúa. O prezo de inscrición na proba de adulto é de 5 euros, doándose un euro á asociación Lenda, sendo de balde a participación dos cativos.

Dende o Concello animan aos veciños a participar nesta proba deportiva que se celebra o sábado 13 con diferentes percorridos dependendo das idades. Así, os máis cativos de 4 e 5 anos terán que percorrer 50 metros, mentres que os participantes na categoría absoluta, a partir dos 16 anos, deberán superar un circuíto de 5 kilómetros que chegará ata a Portela con saída e chegada diante do concello. A inscrición estará aberta ata a medianoite de mañá mércores e pode formalizarse no local Susuela de Redondela ou na páxina web www.championchipnorte.com.  Os organizadores confían en superar os 500 inscritos e salientan o elevado número de atletas femininas xa inscritas que supoñen un 40% dos anotados ata o de agora. A alcaldesa Digna Rivas poñía en valor tanto o marcado carácter familiar desta proba como o seu carácter solidario, coa doazón dun euro de cada inscrición á Asociación Lenda.  

Noite Fernández presidenta Club de Atletismo
Unha cita deportiva para todas idades
Carreira nocturna
É a gran novidade deste ano
Manuel Ulla CAR
Confían en superar os 500 participantes
Digna Rivas alcaldesa
Puxo en valor o carácter solidario e familiar do evento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará