Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Limpeza do río Oitavén ao seu paso por Fornelos

RR_Noticias

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polas parroquias de Calvos en Fornelos de Montes así como en Barbudo en Ponte Caldelas. Consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes, así como a madeira morta existente. As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Oitavén, ao seu paso polos Concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas.
As obras céntranse na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes, así como a madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará