Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A eliminación do Facebook do Concello cóase no debate político

RR_Noticias

AER fala de “operación disco duro” a mans do anterior goberno do PP. O PSOE adianta que están estudando as posibles “responsabilidades persoais ou políticas” que poidan derivar da eliminación do facebook da institución municipal, logo de que a páxina fora borrada por persoal de confianza do anterior goberno de Javier Bas. O BNG ironizaba sobre o tema preguntando se os “populares tiñan previsto pedir un rescate para liberar o facebook”.

O primeiro pleno presidido pola alcaldesa Digna Rivas deixaba algúns titulares, como o salario de 45.000 euros que vai percibir a rexedora mantendo así o soldo que cobraba o seu predecesor no cargo. Sobre a mesa quedaba, en cambio, outro dos temas a debate: a creación e retribución dos postos de persoal de confianza, que será negociado entre todos os grupos políticos. Un debate en torno á creación da figura de coordinador/a de concelleiros que derivou no acontecido co facebook do concello, unha rede social que foi eliminada por parte da persoa que estaba contratada como persoal de confianza polo anterior goberno. Neste sentido, o PSOE anunciaba a través do seu voceiro, Leonardo Cabaleiro que están a estudar as “responsabilidades persoais ou políticas que poidan derivar desta decisión”. Dende o BNG instaban ao PP a que se disculpara polo proceder da que fora secretaria do alcalde e dende AER, Roberto Vilar falaba de “operación disco duro” no concello cando os populares abandonaron a alcaldía. Un feito que entrou no debate pero que a popular Carmen Amoedo esquivou centrando a súa intervención en criticar aos dous grupos de goberno PSOE-AER a quen acusou de amosar un “comportamento incoherente, porque hai catro anos dicían que este posto de coordinador ou coordinadora de concelleiros tiña que desaparecer e agora xa lles parece ben”.  

Xoán Carlos González BNG
Pregúntalle ao PP se van pedir un recate logo de secuestrar o facebook
Roberto Vilar AER
Fala dunha operación disco duro por parte do anterior goberno do PP
Leonardo Cabaleiro PSOE
Estudando posibles responsabilidades
Carmen Amoedo PP
Defendía o labor da anterior secretaria do alcalde en tempos de Javier Bas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará