Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As praias de Cesantes e Arealonga ofertan actividades para os máis pequenos

RR_Noticias

Nenos e nenas a partir de 4 anos de idades poderán gozar de diversas propostas pensadas para eles nos campamentos de Praia que se poñen en marcha nos principais areais do concello a partir de hoxe luns 15 de xullo. Unhas actividades que estarán en funcionamento ata mediados de agosto e que non precisa de inscrición previa, tan só achegarse ao lugar no que se desenvolve a actividades a partir das 17:30 horas.

Monitores especializados serán os encargados de desenvolver esta propostas que organiza o concello de Redondela completamente de balde. De luns a venres e en horario de 17:30 a 19:30 horas os rapaces poderán participar desas propostas de ocio veraniego que se ofertan tanto no areal de Cesantes como na Praia de Arealonga en Chapela.
En total, 30 prazas diarias ás que poderán acceder os cativos, a partir de 4 anos de idade, que así o desexen.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará