Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra o asasinato machista de Vilalba na Praza do Concello

RR_Noticias

“Por María e por todas as que xa non poden berrar” o movemento feminista de Redondela fai un chamamento a saír hoxe a rúa e participar dunha concentración contra a violencia de xénero que se celebrará ás 21:00 horas ás portas do concello. Unha mobilización que se repetirá en diferentes punto de todo o país contra o feminicidio de Vilalba e á que se suma tamén a asociación Paxaretas.

Mari Carmen Vázquez de 47 anos de idade é a última asasinada en Galicia vítima da violencia machista. A súa ex parella, Manuel Vázquez, de 50 anos, co que estaba en trámites de separación e sobre o que pesaba unha orde de afastamento, acabou coa súa vida esta fin de semana e logo suicidouse. Un asasinato cuxa vítima é xa a trixésimo terceira no que vai de ano e a número 1.008 dende 2003, cando comezaron a contabilizarse este tipo de crimes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará