A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o luns 29 ás 11:30 horas un bebecontos a cargo de Trémola Teatro. Unha actividade que leva por nome “Qué animaliño é?” e que busca espertar o gusto pola palabra e polos libros entre os máis pequenos. Unha activiade debalde na que compre inscrición previa.
Orientado a nenos e nenas de entre 6 meses e catro anos, a actividade é totalmente de balde e con capacidade limitada, polo que é preciso realizar inscrición gratuíta previa na propia biblioteca en horario de mañá (de luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h), por teléfono no 986 454 226 ou no enderezo de correo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal”