Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas eleva a 55 o número de mulleres asasinadas pola violencia machista

RR_Noticias

Un cento de veciños concentráronse na tarde de onte ás portas do Concello para manifestar a súa repulsa polo último asasinato de violencia de xénero en Galicia, o que acabou coa vida de María Del Carmen Vázquez, unha veciña de Vilalba de 47 anos de idade que foi asasinada esta fin de semana pola súa ex parella, Manuel Vázquez, de 50 anos, co que estaba en trámites de separación e sobre o que pesaba unha orde de afastamento. Un asasinato cuxa vítima é xa a trixésimo terceira no que vai de ano segundo as cifras oficiais, pero que a Asemblea Feminista Paxaretas eleva ata 55.

En todo caso, cifras que arrepían e que dan conta duns feitos que non deixan de medrar nos últimos anos. Co nome de cada unha das vítimas e o relato de cómo foron asasinadas arrancaba a concentración que na tarde de onte se celebraba na praza do Concello. Unha protesta na que se falaba dun “terrorismo machista que non pode ser normalizado como algo cotiá” motivo polo que é preciso “seguir berrando na rúa por todas as que xa non poden facelo”. Houbo tamén lecturas de pequenos fragmentos da obra Feminicidio e un poema autoría dunha das integrantes de Paxaretas, Carolina Sertal. Rematou a concentración cun artigo periodístico de Jara Pérez López no que se reflexiona sobre o silencio cómplice “das mulleres e do seu entorno, un silencio que permite manter a violencia machista”.  

Paxaretas
55 asasinadas no que vai de ano
Feminicidio
Lectura duns anacos deste libro
Poema
Carolina Sertal daba lectura a un poema da súa autoría
Silencio cómplice
Un artigo de Jara Pérez

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará