Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco arranca a pretempada fronte ao Céltiga en Santa Mariña

RR_Noticias

Os redondeláns regresaron aos adestramentos esta semana logo do descanso estival e este sábado, ás 20.30 horas, teremos a primeira oportunidade de ver sobre o terreo de xogo ao conxunto que Gonzalo Fernández “Gonza” configurou para a próxima tempada. O comezo de liga para os redondeláns será o 25 de agosto e tamén na casa, neste caso mediranse ao Fabril.

O traballo físico e técnico marcaron a primeira semana de adestramento para o Choco, que regresou a Santa Mariña logo do descanso de verán. E o fixeron con moitas caras coñecidas como Gabi Misa, Oscar Comis, Felix Rial, Caloi, Cortegoso ou Aitor pero tamén novas que reforzarán o equipo para a próxima campaña.Entre elas, o dianteiro de 24 anos Tomás Abelleira, o mediapunta de 21 anos José Ramón Rodríguez Fontán, o dianteiro Adrián Rodríguez ou o defensa Diego Abal. Tamén se reforza o centro do campo con Sergio Santos Romero procedente do Céltiga C.F. Precisamente o equipo arousán será o primeiro rival dos choqueiros nesta pretempada. Un partido que se vai disputar este sábado, 27 de xullo, en Santa Mariña ás 20.30 horas.
Os de “Gonza” aínda teñen un mes por diante para recuperar a forma física así como integrar no esquema de xogo ás novas fichaxes. A primeira xornada da liga en Terceira División será o domingo 25 de agosto e os redondeláns estrearanse na casa, o seu rival será o Fabril.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará