Os máis cativos foron os encargados de poñer voz a diferentes textos de intelectuais galeguistas nun acto que se desenvolveu na tarde de onte na Alameda de Castelao. Unha celebración no Día de Galicia que contou tamén co tradicional discurso institucional a cargo do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e a alcaldesa Digna Rivas, quen protagonizaron a ofrenda floral na estatua de Castelao. Un acto que contou coa presenza de concelleiros da oposición.
Unha programación que arrancaba xa na noite do mércores cun concerto a cargo de Treixadura no paseo marítimo de Chapela. Unha actuación que congregou a centos de persoas no litoral da parroquia para escoitar os temas da formación de música tradicional. Música tamén onte cun concerto a cargo da cantante de Xoana Veiga, unha das voces revelación da música galega que interpretou pezas de jazz, funkie e reggae.
Unha proposta musical que chegou precedida dos actos oficiais que nesta ocasión contaron coa participación dun grupo de rapaces dos campamentos de conciliación que foron os encargados de poñerlle voz a diferentes textos de intelectuais galeguistas. Intervención tamén dos membros do goberno local, o edil de cultura, Daniel Boullosa e a alcaldesa, Digna Rivas e a tradicional ofrenda floral a Castelao.