Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As anémonas e o PP

RR_Noticias

Os populares aproveitaron o pleno de onte para amosar a súa preocupación polo episodio de picaduras de anémonas que a mediados de mes se vivía na praia de Cesantes e, en menor medida, en Arealonga. A súa primeira moción xa como principal grupo da oposición centrouse en solicitar un informe sobre as medidas que dende o goberno local se adoptaran logo de coñecerse o elevado número de afectados. Unha moción que non saíu adiante ao non contar co apoio de ningún grupo que cualificaron a moción de “populista” e “innecesaria” que “o único que busca é un titular na prensa”, motivo polo que pedían ao PP que a retirara. Unha sesión na que Rivas logrou o apoio suficiente para contrata un “coordinador/a de concelleiros” e que supuxo a despedida do exalcalde, Javier bas.

Contidos de trámite na que era a última sesión antes do período de vacacións e na que os populares estreaban a súa labor de oposición cunha moción moi criticada polo resto dos partidos por entender que se trataba dun tema que se podía ter resolto por outras vías. En concreto a moción solicitaba do goberno local explicacións sobre o episodio de picaduras de anémonas que hai un par de semana se vivía en Cesantes e que deixaba máis de 60 afectados. Criticaba o PP que non se tivera actuado con maior celeridade e que non se colgara a bandeira vermella na praia da Punta para advertir aos bañistas do perigo. Tanto BNG como AER pedían ao PP que retiraran unha moción “que só serve para perder o tempo, xa que esa petición podía terse feito por rexistro” en palabras de Roberto Vilar da Agrupación de Electores. Dende o BNG o seu voceiro, Xoán Carlos González, lembráballes aos populares que a proliferación de anémonas é unha constante nos últimos anos que responde aos cambios que están a experimentar as augas interiores e que “é responsabilidade da Xunta que non está facendo nada para atallar este problema”. Dende o PSOE sumábanse tamén a petición de que a moción se retirara porque ao entender de Leonardo Cabaleiro “só se presenta cun claro afán de alarma e para buscar un oco na prensa”. Explicaba ademais que nos días do incidente se avisaba por megafonía cada 30 minutos sobre a existencia das anémonas e se aconsellaba aos bañistas que non se meteran na auga e usaran as duchas para refrescarse. Coordinador/a de concelleiros Unha sesión na que se aprobaba tamén a creación dun posto de persoal eventual que exercerá de coordinadora e secretaria de Alcaldía cunha retribución anual de 25.000 euros e cuxos cometidos eran defendidos dende o PSOE lembrando que “é preciso contar cunha persoa que oriente a todos os veciños que cheguen ao concello e que, ao tempo, coordine as labores das diferentes áreas que están repartidas entre dous grupos políticos”. O PP lembraba que esa figura fora creada durante o seu mandato e que, naquel momento, todos os grupos a criticaran e votaran en contra da súa creación. Respondíalle o BNG asegurando que “no pasado non apoiamos esa figura porque sabiamos que no goberno do PP ía acabar actuando como un axente electoral, como así foi”. Última sesión á que asistía o exalcalde Javier Bas, quen recibía unhas palabras de despedida de parte da alcaldesa, quen tamén facía referencia ao outro concelleiro popular que abandona a corporación, o exedil de deportes Julio Mougán, quen non puido asistir a esta sesión por motivos persoais.  

Xoán Carlos González BNG
Un problema que vai en aumento e no que ten competencia a Xunta
Roberto Vilar AER
Unha moción que ao entender de AER debía presentar como unha petición por rexistro
Carmen Amoedo PP
Entenden que se podía ter feito máis durante as xornadas nas que tivo lugar o incidente
Leonardo Cabaleiro PSOE
O edil daba conta das medidas que se adoptaron nos días nos que se produciron as picaduras
Digna Rivas alcaldesa
Facía oficial a despedida de Javier Bas e Julio Mougán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará