A empresa pública vén de aprobar a licitación do contrato de subministración e transporte de balasto para os traballos de renovación da plataforma do tramo tramo Guillarei-Redondela, pertencente á liña de ancho convencional Monforte de Lemos-Vigo. Esta actuación optimizará a drenaxe da vía mediante “e resolverá os problemas que causan as precipitacións de auga sobre a plataforma”.
Segundo informou Adif nun comunicado, o orzamento de licitación deste contrato sitúase en 1.661.428 euros, e a actuación comprende a subministración e transporte até a traza ferroviaria de 87.000 toneladas de balasto. O balasto é a pedra sobre as que se asintan as travesas e a súa función, lembra Adif, “é amortecer e repartir os esforzos que exercen os trens sobre a vía, impedir o desprazamento desta e protexer a plataforma”. Segundo explicou Adif, o desguarnecido de vía do tramo Guillarei-Redondela “facilitará as tarefas de mantemento da superestructura de vía no relacionado coa xeometría e calidade”. Esta actuación de renovación da plataforma optimizará a drenaxe da vía mediante a mellora das cunetas actuais e a construción de novas, o que beneficiará a calidade e fiabilidade do servizo ferroviario “ao solucionarse os problemas que causan as precipitacións de auga sobre a plataforma”. Segundo explica o ente, a solución desenvolvida fai compatible o principal obxectivo da actuación “que é conseguir unha explotación do servizo ferroviario de calidade, minimizando o impacto ambiental das obras”. O desguarnecido de vía do tramo Guillarei-Redondela, proceso que consiste en retirar o balasto por baixo da travesa, atópase tamén en fase de licitación por un importe superior aos 7,3 millóns de euros. O tramo no que se concentran as actuacións abarca desde o punto quilométrico 141,560 ao 166,255 da liña Monforte-Vigo, configurado en vía única electrificada.