A asociación deportiva CAR, en colaboración co Concello de Redondela, organiza un ano máis a Travesía a Nado San Simón. Será este sábado, día 10, a partires das 12.00 horas, con saída na praia da Punta, en Cesantes. Poden participar nadadores a partires dos 14 anos, e o prazo de inscripción está aberto ata o xoves 10 de agosto.
Jose Manuel Quinteiro, membro da organización, explica que o percorrido será de 1.500 metros ao redor da illa, con saída desde a praia da Punta. Esta proba, que depende das mareas, celebrarase este ano en horario de mañá, o que garante “unha mar en calma”, o que unido ás espectaculares vistas da illa e a enseada de San Simón fan que esta travesía sexa “unha das favoritas para os nadadores”. As inscricións poden facerse na plataforma de internet championchipnorte ou presencialmente na zapatería Susuela, na rúa Adro de Redondela. As inscricións pecharanse o xoves 8 de Agosto ás 23:59 da noite ou ao completar o límite de 250 inscritos. Trátase do número máximo de participantes para poder celebrar a proba con todas as medidas de seguridade necesarias, tanto en mar como en terra, para garantir a celebración da travesía sen contratempos. O prezo é de 6 euros e inclúe a participación na travesía, avituallamento, seguro de accidentes, gorro e un aperitivo tras finalizar a travesía. Ademais un euro da cada inscrición ira destinado a ONG DaMan, organización galega polo desenvolvemento. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría. A organización agarda, como cada ano, unha elevada presenza de público no areal de Cesantes para presenciar esta espectacular proba.