O máxico son as arpas e as doces voces das compoñentes de Lulavai fan desta agrupación unha proposta musical única, cun son moi orixinal que ofrece temas tradicionais galegos e de composición propia. O cuarteto de música vigués actúa na Alameda Rosalía de Castro de Chapela, o domingo ás 22.00 horas, dentro do programación cultural do Concello de Redondela.
Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz son Lulavai, un cuarteto moi especial. Hai algo máis de dez anos decidiron poñer a andar este proxecto, logo de coincidir orquestra folc Sondeseu, , baixo a dirección do ex harpista e compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. Lanzan o seu primeiro álbum en 2010, que leva por título “CorDasVerbas”, editado pola Sul Producciones, e presentan en multitude de escenarios, desde Galicia ao País Vasco, Segovia, Portugal ou Francia, participando en festivais como o Lorient, FolkSegovia, Folkez Blaiz ou o Arcu Atlánticu de Xixón entre outros. “Lémbrame un soño” é o seu segundo traballo, publicado en decembro de 2014. A peza que abre o álbum, “Meniña de Auga”, resultou finalista na categoría de mellor canción orixinal no XIV Premios de Música de Raíz de La Opinion en 2015.