Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os areais de Chapela e Cesantes acollen o programa de dinamización “Vive agosto na praia”

RR_Noticias

A iniciativa desenvolverase todos os luns e xoves do mes de agosto, de 19.00 a 20.00 horas nas praias de Chapela e Cesantes, ofrecendo actividades diversas abertas a todos os públicos. O obxectivo é proporcionar un lecer activo para os veciños ao tempo que se pon en valor o patrimonio natural das praias.

Trátase, segundo explicou a rexedora local, de ofrecer a veciños e veciñas actividades lúdicas “coas que rematar unha xornada de praia”, momento no que “as nosas praias ofrecen un marco idóneo para o desenvolvemento de calquera actividade”. “Vive agosto na praia” é un programa pensado, fundamentalmente, para a veciñanza de Redondela “de aí que para a súa celebración se elixan dous días entre semana”, os luns e xoves. As actividades están deseñadas para adaptarse a todos os gustos e todas as idades “de xeito que ninguén quede excluído de poder participar” e se desenvolverán, todas as semanas deste mes de agosto, nas praias de Cesantes e Chapela de 19.00 a 20.00 horas.
Este programa, polo tanto, cumpre o dobre obxectivo de “ofrecer actividades de lecer para as veciñas e veciños e, ao mesmo tempo, poñer en valor o patrimonio natural de Redondela, neste caso, as nosas praias”, conclúe Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará