Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove a limpeza gradual e respectuosa dos ríos para evitar accións invasivas

RR_Noticias

Esta semana comezou a limpeza das marxes do río Alvedosa no seu tramo máis urbano. A actuación da concellería de Medio Ambiente nas marxes fluviais consistirá en facer un “mantemento” ao longo de todo o ano que sexa “respectuoso” coa flora e a fauna fluvial, polo que se evitan as limpezas “invasivas”.

Onte comezaron os traballos de limpeza nas marxes do río Alvedosa no tramo urbano entre a Casa da Torre ata o campo da Feira. A concellería de Medio Ambiente dá resposta así ás demandas dos veciños pedían a retirada da maleza. Con todo, segundo explicoo o edil Roberto Villar, a limpeza do cauce non se acometerá ata o outono, por recomendación tanto das técnicas do Concello coma de Augas de Galicia, para non prexudicar á cría de aves como os parrulos. O departamento que dirixe xa iniciou as negociacións con Augas de Galicia para dispor dun Plan Anual de Mantemento para os ríos do Concello, coa intención de que a limpeza dos cauces se desenvolva dun xeito “máis gradual, menos invasivo e, polo tanto, máis ecolóxico”. Villar lembra que ata o de agora o que se facía era “deixar crecer a maleza máis alá do desexable para, posteriormente, realizar unha limpeza agresiva, mesmo utilizando maquinaria pesada”. O seu departamento aposta agora por un mantemento “permanente”, con persoal propio do Concello, “de xeito máis sostible e que ademais resultará mesmo máis económico para as arcas do Concello”. Nas pasadas semanas estivéronse realizando tamén actuacións similares nas marxes do río Pexegueiro, atendendo tamén diversas reclamacións veciñais. A maiores, o Concello de Redondela dispón de permiso para retirar o lavadoiro de formigón instalado no cauce do río, á altura das instalacións da empresa madeireira Pazos&Míguez. Esta tamén é unha reclamación dos veciños e veciñas da zona. O permiso para esta actuación fóra solicitado polo goberno anterior e é agora cando foi concedido por Augas de Galicia. Concienciación cidadá Por outra banda, Villar fai un chamamento á veciñanza para pedirlles “civismo” e evitar que o lixo remate no río. Nas limpezas realizadas nos últimos días téñense atopado bolsas, paquetes de tabaco e todo tipo de lixo “que os veciños deberían depositar nas papeleiras e colectores, para evitar que acaben no río”.

Roberto Villar concelleiro de Medio Ambiente
Redondela promove a limpeza gradual e respectuosa dos ríos para evitar accións invasivas.
Respecto á fauna e á flora do río
Farán un mantemento ao longo de todo o ano que sexa respectuoso coa flora e a fauna fluvial.
Concienciación cidadá
Villar fai un chamamento á veciñanza para pedirlles "civismo" e evitar que o lixo remate no río.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará