O grupo municipal do BNG denuncia a situación de “colapso absoluto” no centro de saúde de Arcade, na que os veciños “nin sequera poden ser atendidos das citas que tiñan concedidas para o día”.Esta situación prodúcese ao non terse cuberto as baixas e vacacións dos facultativos, segundo denuncia o voceiro da formación, Manu Lourenzo.
O grupo municipal do BNG denuncia a situación de “colapso absoluto” no centro de saúde de Arcade, na que os veciños “nin sequera poden ser atendidos das citas que tiñan concedidas para o día”.Esta situación prodúcese ao non terse cuberto as baixas e vacacións dos facultativos, o que provocou “un caos absoluto”, e os profesionais sanitarios non poden atender as citas do día, segundo denuncia o voceiro da formación, Manu Lourenzo. As citas atrásanse por semanas, e algúns usuarios son derivados aos servizos de urxencias, “o que implica a saturación tamén deste servizo”. A situación do centro de saúde de Arcade xa foi denunciada polo BNG en diferentes ocasións no pleno da corporación de Soutomaior, no parlamento galego, con recollida de sinaturas e en mobilizacións na rúa. Lourenzo critica que o alcalde, Agustín Reguera, “non fixese nada ao respecto, e nin sequera tramitase as iniciativas en defensa da sanidade pública aprobadas polo pleno”. Actualmente o centro de saúde de Arcade conta con 3 médicos para unha poboación de 7.300 veciños. A ratio non sae ben parada neste municipio, cando outros como Vilaboa contan con 4 facultativos para 6.000 habitantes, como denuncia o BNG local. Unha situación xa complicada, que se agrava cando o Sergas non cubre as baixas.