Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello fai un chamamento ao público do Entroido de Verán por un comportamento “cívico”

RR_Noticias

A Concellería de Cultura de Redondela fai un chamamento para que todas as persoas que se acheguen mañá sábado á vila “gocen da festa pero respectando a convivencia co resto dos veciños e colaborando para deixar a vila nas mellores condicións posibles”.

O Concello deseñou a programación deste entroido de verán coa intención de que fose “o máis participativo, inclusivo e sostible posible”. O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, confía en que a xente “goce desta festa coma sempre”, ao tempo que desexa “un comportamento máis cívico ca nunca”. Para isto a concellaría deseñou unha campaña de concienciación a través de diversos cartaces. Afirma que o Entroido de Verán de Redondela “é un referente a nivel galego, e o seguirá sendo”, pero advirte que é necesario “facer compatibles a diversión co respecto ao medio ambiente e a convivencia con toda a veciñanza”.
Dispositivo especial de limpeza
O Concello ten preparado un dispositivo de limpeza específico que se porá en marcha ás 06.00 horas do domingo. Boullosa confía en que os asistentes ao Entroido axuden ás brigadas “porque a mellor maneira de limpar e non ensuciando”. Na liña de tratar de manter as rúas e xardíns do casco urbano de Redondela no mellor estado posible, o Concello duplicará o número de urinarios públicos de anteriores edicións, con 60 unidades, e aumentando os sanitarios para persoas con mobilidade reducida. A Concellería de Medio Ambiente ten preparadas unhas barreiras para seren instaladas no río Alvedosa para atrapar os plásticos que accidentalmente poidan caer ó río. As barreiras colocaranse no caude no momento en que comence a festa. A intención é “intervir o menos posible no ecosistema fluvial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará