A Concellaría de Participación Cidadá vai presentar este xoves o borrador do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) ás asociacións do municipio. O obxectivo é que os colectivos poidan participar na súa elaboración e achegar propostas. O acto será no Multiusos da Xunqueira ás 17.00 horas.
Están convocados todos os colectivos de Redondela. Desde Asociacións veciñais ata Comunidades de Montes, pasando polas Anpas dos centros de ensino, Asociación de Taxistas, Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional, etc. A empresa eedactora do plan realizará a presentación do borrador elaborado ata o de agora. A conelleira de Participación Cidadá, Ausana Couñago, considera “fundamental” á hora de realizar unha proposta definitiva “contar coa opinión das distintas asociacións do Concello de Redondela”, para ter así coñecemento “das demandas e necesidades das veciñas e veciños de Redondela”. O PMUS (Plan de Movblidade Urbana Sostible) é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles, “para que mobilidade sexa compatible co crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente”. Para Couñago é un xeito de garantir “unha mellor calidade de vida para toda a veciñanza”.