Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inicia os trámites para o traslado de Servizos Sociais e Atención á Muller

RR_Noticias

O Concello de Redondela licita esta semana o contrato para realizar as obras de acondicionamento do novo local, situado na rúa 8 de Marzo. As instalacións, de 300 metros cadrados, albergarán a oficina municipal de Servizos Sociais e o servizo de Atención á Muller. Rivas explicou que se trara dunhas dependencias “máis axeitadas e accesibles, onde a privacidade dos usuarios estará garantida”.

O proxecto para o traslado destas dependencias contaba co informe favorable dos servizos técnicos do Concello dende xuño de 2018. Con todo, “o anterior goberno de Javier Bas non priorizou a súa tramitación e, incomprensiblemente, o expediente levaba paralizado máis dun ano”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. Con esta actuación a rexedora fai efectivo un dos seus compromisos electorais, que era o traslado “urxente” dos Servizos Sociais ás novas instalacións. O executivo local rematou o expediente de contratación e “en breve” comezarán as obras de acondicionamento tanto no interior como no exterior do local, situado na rúa 8 de Marzo. As obras contan cunha subvención do 80 % do investimento a través do Programa Operativo FEDER, iniciativa que ten como obxectivo a procura dun desenvolvemento sustentable que promova a educación, o desenvolvemento económico e a inclusión do medio ambiente. Con esta obra, explica Digna Rivas, contribúese a acadar os obxectivos estratéxidos da EDUSI Redondela 2020, “Inclusión social e loita contra a pobreza”, con actuacións que terán por obxecto “mellorar os servizos de atención social ás familias en risco de exclusión social coa mellora das instalacións municipais, tanto de Servizos Sociais como do Centro de Atención á Muller”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará