Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Biotecnólogos por un día

RR_Noticias

A Biblioteca Municipal de Redondela acolle un obradoiro científico para nenos de 7 a 12 anos. “Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca” é o nome da actividade, dirixida polo comunicador Manuel Vicente, gañador do III Premio Galicia de Xornalismo Científico. Será o venres, 6 de setembro, ás 12.00 da mañá.

Trátase dun obradoiro de divulgación científica durante o cal a rapazada terá que resolver un enigma. Todo comeza cando alguén rouba un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente, hai restos biolóxicos do ladrón, e para descubir a súa identidade os rapaces terán que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos. No taller resolverase o caso con material de cociña e os participantes aprenderán que é a biotecnoloxía. A actividade é de balde pero as prazas son limitadas, polo que deben inscribirse previamente na Biblioteca de Redondela, mo Multiúsos da Xunqueira. Tamén poden facelo no teléfono 986401561.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará