Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O baloncesto, un deporte que “engancha”

RR_Noticias

O Club Baloncesto Redondela organiza este mes adestramentos de portas abertas para os seus equipos de categorías de formación, será nas tres primeiras semanas de setembro. Javier López, cordinador do club, anima a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos a “probar” e, se lles gusta, formar parte “desta gran familia”. Actualmente contan con máis de 120 rapaces, e queren seguir medrando.

En Redondela existe unha oferta deportiva moi ampla para nenos e nenas de todas as idades, e entre as diferentes disciplinas desde hai dez anos está a consolidarse o baloncesto. Para toda a rapazada que o desexe, que queira probar esta disciplina, o Club Baloncesto Redondela ofrécelle a posibilidade de coñecer de primeira man este deporte. Javier López, cordinador do club, explica que o único requisito necesario é “ter ganas de adestrar” e coñecer un deporte “que engancha”. Este ano é especialmente atractivo para aqueles que queiran iniciarse no baloncesto, coa celebración do Mundial e a repercusión mediática que están a ter figuras como Marc Gasol ou Ricky Rubio. Un feito que animou ao club a porñer en marcha estas xornadas de portas abertas e que todos os rapaces que o desexen poidan imitar aos seus ídolos. Os adestramentos realízanse no pavillón da Marisma e nos institutos Mendiño e Illa de San Simón en diferentes horarios e días, en función das categorías. Todos os interesados poden poñerse en contacto co club no teléfono 722617212 ou no correo electrónico tdeportivocbr@gmail.com. A convocatoria é para nenos e nenas nados desde 2013 ata 2002. Ademais comezarán a temporada con dous equipos sénior, un masculino e outro feminino, que este ano contará por primeira vez con xogadores formados na canteira. A presenza feminina no baloncesto redondelán é moi ampla, de feito nalgunhas categorías contan con máis rapazas que rapaces. Unha vez rematadas as xornadas de portas abertas non se pechan as inscricións. O cordinador explica que a rapazada interesada en coñecer o deporte e adestrar pode poñerse en contacto co club “en calquera momento do ano”.

Javier López cordinador do club
O único requisito necesario para participar nas xornadas de portas abertas "é ter ganas de adestrar" e coñecer un deporte "que engancha".
Ano de Mundial
Este ano é especialmente atractivo para aqueles que queiran iniciarse no baloncesto coa celebración do Mundial e a repercusión mediática que están a ter.
Baloncesto feminino
A presenza feminina no baloncesto redondelán é moi ampla. Nalgunhas categorías contan con máis rapazas que rapaces.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará