Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello esixe ao Sergas a reapertura do consultorio médico en Soutomaior

RR_Noticias

O goberno local ve inadmisible a situación sanitaria no municipio tras o peche dun dos seus dous centros logo de que o médico que atendía o consultorio de Soutomaior fora trasladado ao centro de saúde de Arcade. O alcalde, Agustín Reguera, xa trasladou unha solicitude a Xunta esixindo a reapertura urxente co centro médico de Soutomaior. Pola súa banda o BNG anuncian unha mobilización cidadá nos vindeiros días se a situación non se resolve de xeito inmediato.

O Concello de Soutomaior acaba de remitir varios escritos á Xunta e ao xerente do CHOP (complexo hospitalario de Pontevedra) solicitando a reapertura urxente do centro médico de Soutomaior. O ambulatorio deixou de prestar servizo hai varios días tras o traslado do médico ao centro de saúde de Arcade para cubrir as necesidades deste centro. Unha situación que está a provocar “un gran malestar entre os veciños, especialmente para os de maior idade xa que tamén teñen máis dificultades para desprazarse”, destacou o alcalde, Agustín Reguera.
Nos seus escritos, o goberno local esixe a inmediata reapertura do centro nas súas condicións habituais, coa atención dun médico titular, así como o restablecemento da normalidade no centro de saúde de Arcade, que debería contar coa atención de dous médicos e un servizo de pediatría.
O alcalde asegura que “a sanidade é unha das máximas prioridades para os nosos veciños e veciñas e pechar un consultorio é algo que non imos permitir”.
Un “desmantelamento de sanidade” que xa fora denunciado previamente polo BNG, cuxo portavoz Manu Lourenzo, xa advertiu que se non hai unha solución “inmediata” no servizo de Atención Primaria en Soutomaior, organizarán unha mobilización cidadá.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará