Tráxico suceso que conmocionaba o centro de vila na maña de hoxe logo de que unha muller, veciña de Redondela de 45 anos de idade, se precipitara dende o viaduto do tren sobre o campo da feira ao redor das 12:00 horas . Ata o lugar desprazáronse axentes da policía local e nacional así como efectivos de emerxencia que nada puideron facer por salvarlle a vida.