Un grupo de medio cento de veciños dos barrios de Angorén e Riofrío en Chapela manifestáronse onte na primeira das mobilizacións que teñen previsto levar a cabo cpar reclamar a colocación dun semáforo e un paso de peóns na zona. Xustifican a súa necesidade polo elevado tráfico na estrada N-552 nun tramo no que os vehículos circulan a gran velocidade.
Medio centro de persoas concentráronse este luns na estrada que comunica Redondela con Vigo, á altura do acceso ao barrio de Angorén para reclamar a colocación dun semáforo na zona na que se atopa o acceso ao colexio Alexandre Bóveda, polo que é moi transitado polo alumnado deste centro educativo.
Advirten que malia estar limitado este tramo a 50 kilómetros/hora, os coches e camións circulan a máis velocidade e é un punto no que se producen numerosos accidentes. Lembran o sinistro acontecido a finais de agosto no que faleceu o condutor dun vehículo ao chocar contra un camión que estaba estacionado na beiravía da estrada.
Os aveciñso asegurna que se trata dunha cuestión urxente polo que iniciaron unha serie de mobilizacións apra chamar a atención das administracións para que se tomen as medidas necesarias e se incremente a seguridade viaria na zona.