Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela mergúllase na música de raíz americana da man de “The Lákazans”

RR_Noticias

A banda de Boiro presenta na Praza da Casa da Torre o seu último traballo de estudo, Sandwina. Trátase dun disco “ao máis puro estilo da banda”, que abre o seu característico blues aínda máis á música americana en rockabillis, countries, souls e swings que non deixan indiferente a ninguén. Un concerto que terá lugar hoxe venres ás 21:00 horas logo de que na data prevista inicialmente tivera que ser aprazado polo mal tempo.
 

O seu baixista, Fran Velo, explica que a súa música viaxa “ás orixes do rock”, reiventando a música desde os anos 20 ou 30 ata a década dos 50. Os seus temas son en inglés, unha elección que a banda xustifica por tratarse de música tradicional americana “e o lóxico é facelo na súa lingua, do mesmo xeito que non entederíamos unha muiñeira cantada en inglés”. O músico, compoñente tamén da mítica banda galega “Herdeiros da Cruz” embarcouse en The Lákazans de maneira casual hai algúns anos, un proxecto musical “totalmente diferente” ao que fai coa banda de Toñito de Poi, e co que se mergulla nas orixes da música rock.
Velo asegura que a proposta musical de The Lákazans “sorprende a quen non a coñece” e gusta a todo tipo de público e de todas as idades. Por iso anima á veciñanza a achegarse este venres á Praza da Casa da Torre. Afirma que o concerto “non os vai defraudar”.
A cita é hoxe venres, ás 21.00 horas, con entrada de balde, dentro da programación cultural que organiza a Concellería de Cultura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará