Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentracións en Redondela contra a violencia machista

RR_Noticias

O goberno local convoca unha concentración en repulsa ao triplo crime machista de Valga hoxe martes ás 12:00 horas ás portas do concello. A Asociación Feminista Paxaretas convoca tamén a cidadanía mañá mércores ás 20:00 horas na praza do Concello para amosar unha vez máis a necesidade de saír a rúa para berrar contra os asasinos e agresores.

Mobilizacións en toda Galicia ante o asasinato de tres mulleres onte na localidade de Valga. Un terrible suceso que novamente achega a traxedia da violencia de xénero que neste caso deixa a dous nenos de 4 e 7 anos de idade orfos de nai, de avoa e de tía, logo de que o seu pai as asasinase a tiros.
Tamén en Redondela hai chamamentos para saír a rúa e berrar contra a violencia machista. A primeira das convocatorias chega dende a Concellería de igualdade e será ás 12:00 horas de hoxe ás portas do Concello. Gardarase un minuto de silencio en recordo das tres vítimas, Sandra, Alba e Elena.
Pola súa banda a Asemblea Feminista Paxaretas convoca tamén a veciños e veciñas e concentrarse este mércores ás 20:00 horas na praza do concello “ante o terrorismo machista, temos que reaccionar saíndo á rúa e berrando ben forte que estamos fartas de que nos asasinen e nos agridan” un xeito tamén de demandar que “as autoridades teñen a obriga de establecer medidas que fagan fronte a esta violencia machista”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará