Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un técnico de Fomento visita Chapela este xoves para analizar a ubicación do semáforo na N-552

RR_Noticias

O técnico do Ministerio visitará mañá ás 13:00 horas a estrada N-552 xunto con técnicos municipais e a concellería de urbanismo, María Castro, para analizar cal sería o punto máis axeitado para ubicar un semáforo e un paso de peóns, tal e como así o veñen demandando dende hai anos os veciños de Angorén. A visita chega logo de que o pasado venres a alcaldesa Digna Rivas obtivese o compromiso da subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o xefe de demarcación de Estrada do Estado en Galicia, Angel González del Río, de instalar este semáforo “no prazo máis breve posible”.

Malia tratarse dunha demanda que vén de lonxe, veciños dos barrio de Angorén e Riofrío, xunto coa Anpa do colexio Alexandre Bóveda de Angorén, saían a rúa a semana pasada para reclamar que se mellorase a seguridade vial nesa zona. Explicaban os afectados que o vial é moi empregado polos nenos que acoden ao colexio e que se trata dunha zona de alta densidade de tráfico e na que os vehículo se desprazan a gran velocidade.
Ante as protestas a alcaldesa decidiu reunirse coa subdelegada do goberno así como con representantes de Fomento quen lle trasladaron que petición formulada polo anterior Goberno non cumpría “cos requisitos necesarios” polo que quedara paralizada ese comprometeron a axilizar os trámites de cara a mellorar a seguridade vial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará