Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER asegura sentir preocupación pola “boa sintonía entre PP e BNG”

RR_Noticias

As críticas que os dous partidos emitiron, separadamente, cara as bases elaboradas polo goberno local para a concesión de subvencións ás asociacións culturais son, para a Agrupación de Electores, unha mostra da boa sintonía entre as dúas formacións dada a “coincidencia nos argumentos empregados”. Chegan a asegurar incluso dende AER que “non se debe descartar unha hipotética moción de censura PP-BNG atendendo a que entre as dúas formación políticas teñen maioría no pleno”.

Critican dende AER as malas formas na oposición do PP que “xa quedaron patentes desde o principio porque non é que non esperaran os famosos 100 días de cortesía, senón que o 4 de xullo a súa voceira comezou a súa particular oposición destrutiva con declaracións moi críticas co goberno”. Engaden dende a agrupación que se a posición do PP non parece moi responsable, o certo é que o caso do BNG de Redondela é máis preocupante “porque se trata dunha forza política que apoiou a investidura da alcaldesa para que non gobernase o PP, pero que despois se aliña co Partido Popular de xeito perigoso gobernando con eles dende a oposición tal como fixeron co asunto das asignacións económicas aos grupos políticos”. Agora “a coincidencia de argumentos demagóxicos para criticar as bases das subvencións non parece casualidade”.
Neste sentido aseguran que as bases das subvencións son practicamente as mesmas que utilizaba o PP xa que por mor da urxencia as modificacións que se fixeron nas convocatorias das subvencións neste ano foron mínimas comparadas coa última convocatoria do anterior goberno de Bas. De feito aseguran que “as únicas modificacións realizadas este ano veñen motivadas polas recomendacións dos técnicos municipais na procura de facilitar a tramitación”.
Conclúen dende AER asegurando que de cara ao vindeiro ano as bases para estas subvención serán “postas enriba da mesa para que tódolos grupos políticos fagan as súas achegas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará