O conxunto redondelán impúxose pola mínima ao Estradense e segue líder de Terceira.Na Preferente Sur de fútbol sala o Redondela goleou ao Verín Sala. Na Primeira de balonmán o Rodosa Chapela impúxose ao Ourense, mentres a SAR de Honra Prata Feminina perdía ante o Lanzarote Zonzamas, actual líder.
Terceira División
Choco 1-0 Estradense
O conxunto de Gonzalo Fernández “Gonza” tivo que traballar arreo para facer valer o seu temperán gol e sumar tres puntos que lle permiten seguir liderando a táboa. Na segunda metade o Estradense aumentou a intensidade, con máis presión, limitando o xogo do Choco. Con todo, o equipo visitante tampouco tivo demasiadas ocasións claras para a igualda, á marxe dun lanzamento de Borja que se foi fóra por pouco. Na próxima xornada o Choco xogará no campo de As Pontes.
Primeira Galega
Arcade 3-1 Unión Dena
O equipo de Soutomaior superou ao pechacancelas do grupo e escala ata o 8º posto. Na próxima xornada visita o campo do Monte da Vila para medirse ao Unión Grove, situado no pozo da táboa.
Segunda Galega
Sampaio 3-0 Cesantes
O equipo anfitrión foi superior e non deu demasiados opcións ao Cesantes, que queda na 12ª posición da táboa. Na próxima xornada reciben á Lama, situado na parte alta da clasificación.
Villar 0-2 Val Miñor
Os goles de Iago Caamaño e de Rui Pérez permitiron aos de Nigrán facerse cos tres puntos en San Martiño. O Vilar, 12º do grupo, visitará o domingo do campo do Chaín, que é 7º.
Terceira Galicia
Chapela 1-0 Teis
Vitoria pola mínima do Chapela no derbi ante o Teis, que lle permite subir á parte alta da táboa. Na próxima xornada visita o campo do Independente, 14º.
Vigo 2015 2-0 Nespereira
O Nespereira aínda non foi quen de sumar esta temporada, e sitúase no pozo da táboa. O domingo recibirá ao Oiense.
Fútbol Sala Terceira División
Praias de Barreiros 2-0 Pazos de Borbén
Bo partido do Pazos que pagou cara a falta de acerto ante a portería rival. No primeiro tempo os de Barreiros aproveitaron dúas rápidas transicións para irse 2-0 ao descanso. Na segunda parte o dominio foi do Pazos, que desaproveitou numerosas ocasións de gol. Esta semana preparan o segundo partido de liga, reciben ao Ganomagoga Vigo IES Coruxo, gran candidato ao ascenso este ano.
Fútbol Sala Preferente Sur
Verín Sala 0-8 Redondela Maramar
O Redondela sobe á 6ª praza do grupo logo de golear en terras ourensás ao Verín Sala. Máis complicado o terá o conxunto redondelán na próxima xornada, xa que recibe na casa ao Lume Corbatas, 2º clasificado e aspirante ao ascenso. O partido será o domingo ás 16.15 horas.
Campito 3-5 Apóstol
Disputado partido en Chapela que finalmente levou o equipo vigués, líder do grupo. Na próxima xornada o Campito desprázase para xogar na pista do Cesures, que suma dous puntos máis que os de Chapela.
Balonmán División de Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 20-26 Lanzarote Zonzamas
Segue sen sumar puntos a SAR Rodavigo logo da derrota ante o equipo canario, que se sitúa sitúa líder da clasificación. A próxima xornada as de Chini disputan o derbi comarcal no pavillón do Porriño, segundas clasificadas.
Primeira Nacional
Rodosa Chapela 30-27 Ourense Carnes do Ribeiro
Os de Teixeira comezaron con moita superioridade, con 20-9 a favor ao descanso. O Rodosa sufriu máis na segunda parte, pero conseguiron manter a vantaxe e sumar unha vitoria na primeira xornada. Esta fin de semana xogarán no pavillón do S. Cañiza.