O alumnado do colexio Laredo de Chapela participa este martes da presentación do proxecto “Edukando a comer: aprende a comer peixe branco”. A actividade estrela da mañá, e na que participará todo o alumnado, é o showcooking que correrá a cargo dun dos máis destacados chefs do concello: Santiago Figueroa Carpintero. Elaborará, en directo, unha receita secreta exclusiva para o centro con peixe branco como principal ingrediente e que será degustado polo participantes.
Unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e as asociacións ACOPES e ANASOL , que ten como obxectivo a promoción do consumo entre a poboación infantil e xuvenil do peixe branco, así como fornecer como actividades obrigatoria a educación nutricional en todas as etapas do ensino ao fío da lei Shokuiku xaponesa. Así, a través de diferentes dinámicas, o alumnado coñecerá estas especies e as súas propiedades tan saudables.