Un veciño da parroquia de Santo Estevo de Negros resultou ferido na tarde de onte en ambas as dúas pernas logo de quedar atrapado baixo un motocultor co que estaba a realizar labores de fresado nunha leira colindante coa súa vivenda. Unha ambulancia medicalizada trasladou ao ferido ao hospital Alvaro Cunqueiro dada a gravidade das lesións.
Os feitos tiveron lugar a media tarde deste martes logo de recibir o 112 unha chamada na que se alertaba de que unha persoa estaba atrapada baixo un motocultor. Ata o lugar desprazáronse membros de protección civil, unha ambulancia do O61 e unha patrulla da Policía Local. O home foi liberado e ante as feridas que presentaba en ambas as dúas pernas foi trasladado por unha ambulancia medicalizada ao hospital Alvaro Cunqueiro.