Este domingo 29 celébrase unha xornada de limpeza simultánea de ríos na que participante máis de setenta entidades de cincuenta concellos de toda Galiza. No noso concello a iniciativa é secundada pola Asociación de Veciños de Chapela que organiza a convocatoria do domingo cunha chamada á cidadanía para que participe na limpeza do río Fondón que se desenvolverá entre as dez da mañá e as dúas do mediodía.
Esta é a sexta xornada de limpeza de ríos organizada pola Asociación dende a primeira realizada en outubro de 2017, catro realizadas na canle e nas inmediacións do río Pugariño e as últimas dúas na parte intermedia do Fondón.
As xornadas de limpeza xurdiron grazas á colaboración espontánea entre veciños particulares, a Asociación de Veciños de Chapela e a Comunidade de Montes de Teis, que sobre todo nas primeiras axudou moito con medios persoais e materiais.
Par participar na xornada do domingo o único que hai que facer é achegarse con gañas de traballar ás dez da mañá á senda da auga no lugar no que se atopa a fervenza e máis unha mesa cun banco.