Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cadea humana no Multiúsos de Chapela para visibilizar a artrite

RR_Noticias

Baixo o lema “A artrite, cando menos o esperas” arranca este domingo a campaña “Outubro, o mes da artrite e a espondiloartrite” e faino cunha actividade convocada por Asearpo (Asociación de enfermos de Artrite de Pontevedra) no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela, lugar no que teñen a súa sede. A propostas é formar unha cadea humana na que os participantes están chamados a vestir algunha indumentaria de cor verde.

Unha actividade que se completará ao longo do mes coa iluminación dos edificios institucionais, entre eles o concello de Redondela, tamén en cor verde na xornada do día 1 así como charlas e mesas informativas que buscan dar maior visibilidade a unha doenza que segue a ser moi descoñecida e que, moi a miúdo, é confundida coa artrose cando esta última afecta a persoas de idade avanzada mentres que a artrite pode afectar a calquera idade. “As persoas máis afectadas atópanse na franxa de idade dos 40 aos 60 anos e son máis as mulleres enfermas que os homes” explica Mabel Avendaño, presidenta da Asociación, aínda que hai diferentes tipos de artrite e algún incluso afectan a nenos pequenos. Unha enfermidade crónica, moi incapacitante para a que é preciso actuar con máis inmediatez, xa que en moitos casos os síntomas son confundidos con outras doenzas ou pasan anos at que se comezan a aplicar os tratamentos correctos, o que fai que a enfermidade vaia a máis.  

Mabel Avendaño Asearpo
Un cadea humana pola artrite
A artrite pode afectar a calquera
O perfil adoita ser o dunha muller entre 40 e 60 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará