Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Moaña quedan sen voz na Autoridade Portuaria

RR_Noticias

Malia térense cumprido todos os trámites dende o mes de xullo, nas convocatorias segue figurando o nome do exalcalde Javier Bas como representante de Redondela no Consello de Administración do Porto de Vigo. Unha situación que penaliza a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quen hoxe acudirá ao Consello de Administración do Porto “sen voz nin voto2 ao non ter sido convocada a xuntanza.

Redondela e Moaña quedarán sen voz no Consello de Administración do Porto de Vigo ao figurar na convocatoria como representante do municipio redondelá o exalcalde Javier Bas. Se a primeira vez “puido ser un erro, esta segunda vez demóstrase claramente que é unha actitude intencionada coa que se quere evitar que Redondela e Moaña teñan voz no Consello de Administración”, aseguraran tanto Digna Rivas como Leticia Santos, alcaldesas de Redondela e Moaña, respectivamente.
Redondela e Moaña teñen que repartirse o tempo de representación no Consello, explican as rexedoras locais, “algo que non se fixo nos oito anos anteriores pese a que, dende o Concello de Moaña se requiriu en máis dunha ocasión o seu dereito a estar representada neste órgano de goberno do Porto de Vigo”, sinalan Rivas e Santos.
Agora, a actitude “totalmente sectaria e partidista do presidente da Autoridade Portuaria “deixará sen voz á veciñanza de Moaña e Redondela” algo que segundo Digna Rivas, “era o que se pretendía dado que na orde do día figuran dous temas que afectan directamente a Redondela como é a delimitación de espazos de usos portuarios e, sobre todo, o informe verbal sobre o cargadoiro de mineral de Rande Duchess”.
Tanto a alcaldesa de Redondela como a de Moaña teñen claro que “no Consello de Administración da Autoridade Portuaria non queren voces discordantes” e o informe sobre Rande presentado na última reunión pola alcaldesa Digna Rivas “fixo que moitos dos membros deste órgano de goberno, coñeceran a realidade dos proxectos da autoridade portuaria sobre unha zona incluída dentro da Rede Natura 2000”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará