O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 5 de outubro unha nova edición do festival de habeneras con presenza de cinco formacións corais que se subirán aos escenario ás 18:30 horas, Unhas actuacións de balde para as que cómpre retirar previamente unha invitación na conserxería do propio Multiúsos.
Nesta ocasión actuará a coral polifónica Rivera Entenza de Salceda de Caselas, a coral Máximo Gorki de Vigo, a polifónica San Pelayo de Navia e completan o cartel dúas formacións locais, a coral da Sociedade Labrego cultural de Reboreda e a coral polifónica Ondas do Mar de Vigo de Cesantes.