O que fora alcalde de Redondela durante as dúas pasadas lexislaturas incorpórase á candidatura dos populares ás eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Bas, que renunciara a súa acta de concelleiro e a presidir o PP de Redondela “por motivos laborais” logo de perder a alcaldía, regresa á vida política como unha das novidades da lista dos populares pola provincia pontevedresa con respecto aos comicios do 28 de abril.
A comité electoral provincial dos populares aprobou este luns, por unanimidade, a candidatura aos comicios do próximo mes con cambios notables logo da marcha de Ana Pastor, cabeza de lista nas pasadas eleccións, que será número dous por Madrid. Entre as novidades, a incorporación do que fora durante oito anos alcalde de Redondela, Javier Bas, que volve á vida política logo de deixar a súa acta de concelleiro e a dirección do PP local, tras as elección municipais do 26 de maio. Bas ocupará o posto número tres da candidatura liderada pola alcaldesa de Marín, María Gamallo, a quen lle segue no número dous o vigués Diego Gago.
O PP de Redondela amosou nas últimas horas a súa “ledicia” por esta incorporación e engaden que “traballarán con toda a ilusión posible para que Redondela estea representada por primeira vez na Cámara Baixa”.