Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde o liderado coa primeira derrota da tempada ante o Silva

RR_Noticias

O equipo de “Gonza”, que se mantivo invicto ata a sexta xornada de liga, colleitou onte a primeira derrota da tempada ante o Silva. Na Primeira Galicia perdeu o Arcade ante o Alertanavia, e na Segunda o Cesantes e o Atl. Vilar empataron os seus respectivos partidos. No fútbol sala o Pazos trouxo un triunfo de Vilalba, e o Campito impúxose en Chapela ao U.D. Coles.

Terceira División
Choco 0-2 Silva
O Choco colleitou a súa primeira derrota da tempada. Fíxoo a mans dun equipo que fixo todo o posible por frear o xogo dos de Gonza Fernández. Até dez homes por detrás da pelota plantou o técnico do Silva en Santa Mariña, cunha liña de cinco atrás que exerceu de muro ante os ataques do Choco. Así defenderon a súa portaría. E atacaron a de Cortegoso con accións a balón parado. Xusto antes do descanso, Marcos puxo un córner ao centro da área, onde Brais Lema cabeceou para meter o balón no fondo da rede. Xa na segunda metade, co equipo redondelán envorcado no ataque, o Silva sentenciou o partido á contra, cun gol de Marcos, que superou no man a man a Cortegoso no minuto 80. O resultado do Choco, en combinación co triunfo do Ourense CF, fixo que os redondeláns perderan o liderado da Terceira División. Agora son terceiros, e na próxima xornada visitan o campo do Vilalbés, situado na metade da táboa.
Choco: Cortegoso; Mario (Monchito, min. 81), Alberto Suárez, Vitra, Diego Abal (Martín, min. 68); Caloi, Sergio Santos; Yerai, Félix, Tomás Abelleira; e Adrián Rodríguez.
Silva: Adrián Ríos; Brais Lema, Sergio, Xusto, Miguel Fiuza, Tomei; Fabio, Cata, Marcos (David Prieto, min. 90), Iván Riveiro (Jony, min. 78); e João (Souto, min. 60).
Goles: 0-1, min. 40: Brais Lema; 0-2, min. 80: Marcos.
Primeira Galega

Arcade 2-3 Alertanavia
O Arcade perdeu un punto no tempo de desconto, cando o marcador reflectía un empate 2-2. Un tanto de Kiko Nores co tempo regulamentario xa cumprido permitiu ao Alertanavia imporse aos locais. O Arcade, que é agora 8º, visita na próxima semana o céspede do Campo Lameiro, 13º na táboa.
Segunda Galega

Romay 1-1 Cesantes
Reparto de puntos que non é suficiente para sacar ao Cesantes da parte baixa da táboa. Os de Redondela son 15º, e na próxima xornada reciben ao Vilaboa, un dos fortes do grupo, 3º clasificado.
Atl. Vilar 1-1 UD Mos
Empate tamén entre o Atl. Vilar e o Mos en San Martiño, que deixa aos locais no 12º lugar da táboa. O próximo domingo xogan no campo do Gondomar, co rival na parte alta da táboa, son 5º.
Terceira Galicia

Chapela 0-0 Balaídos
Empate sen goles en Chapela, co que os dous equipos seguen empatados a puntos, agora cos de David García no 4º posto da táboa. O próximo domingo tócalles xornada de descanso.
Coia 4-0 Nespereira
Nova derrota do Nespereira que segue como pechacancelas. Na próxima xornada reciben ao Moledo, que os acomopaña no pozo da táboa e tampouco sumou aínda nesta temporada.
Fútbol Sala Terceira División

Valdesuso Peugeor Vilalba 5-6 Pazos de Borbén
Os de Fran Amoedo sumaron os primeiros puntos da temporada cunha vitoria na pista do Valdesuso nun partido ao que os locais chegaban como líderes. Os goles de Joni (2) , Diego (2) , Sergio e Aaròn déronlle os tres puntos ao Pazos, que a próxima xornada recibe ao ADFS Bueu nun novo derbi comarcal.
Preferente Sur

Concello de Mos-Redondela Maramar (aprazado)
Na próxima xornada xogan no campo do UD Coles.
Campito 5-1 UD Coles
Os de Chapela gañaron cun contundente marcador ao U.D. Coles, que aínda non sumou ningún punto. Na próxima xornada volven xogar como locais, o domingo reciben ao Teis, co equipo vigués no pozo da táboa, aínda non conseguiu sumar ningún punto.
Balonmán

División de Honra Prata Feminina

Sar-Tejina (aprazado)
O partido aprazouse a petición do equipo Canario, disputarase no mes de novembro.
Primeira Nacional. Na próxima xornada xogan en Palencia ante o pechacancelas do grupo.
Rodosa Chapela 32-28 Seis do Nadal
O Chapela superou, malia que con moito traballo, ao Seis do Nadal. O equipo de Fran Teixeira impúxose e demostrou por que son colíderes e levan tres vitorias en tres partidos. A próxima xornada teñenun longo desprazamento. O sábado xogan en Canarias ante o Gourmet Ampate Lanzarote, 5º clasificao, con dous puntos menos que os redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará