Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno amosa o seu rexeitamento á apertura dunha casa de apostas en Redondela

RR_Noticias

A coordinadora contra a casa de apostas recibía no último pleno municipal o apoio de todos os grupos políticos presentes na corporación que amosaron o seu rexeitamento a que este negocio se instale no noso concello. Os colectivos manteñen o seu calendario de mobilizacións, e logo dunha fin de semana na que intensificaron a recollida de sinaturas coa instalacións dunha mesa informativa aproveitando a celebración do día de feira, hoxe convocan unha nova concentración ás 18:00 horas ás portas do local no que está previsto abrir este negocio na rúa Ernestina Otero.

O concello de Redondela comprométese a emitir unha declaración institucional contra a apertura da casa de apostas en Redondela así como instar á Xunta o revogamento da autorización concedida no mes de abril para esta instalación. Unanimidade de todos os partidos á hora de apoiar as peticións da Coordinadora en base ao risco que supoñen estes negocios que incitan ao xogo e poden provocar graves problemas de ludopatía. Con todo, escoitáronse posicionamentos máis belixerantes fronte a outros máis mornos. Así, dende o grupo de goberno afirmaba o voceiro do PSOE que dende a súa chegada a alcaldía e nada máis coñecerse o problema “puxéronse en marcha todos os procedementos encamiñados a estudar con lupa se os promotores da casa de apostas contaban ou non con todos os requisitos regulamentarios”. Engadía Leonardo Cabaleiro que, malia que a competencia neste asunto está en mans da Xunta “farase todo o posible para tentar frear a casa de apostas”. Aseguraban tamén dende o PP a súa “posición completamente en contra deste negocio” e poñíanse a disposición da Coordinadora para apoialos en todo o que precisen. Afirmación que era recibida polo BNG como unha “mostras de hipocrisía por parte dos populares” xa que aseguraba o voceiro do Bloque, Xoán Carlos González “dende outubro de 2018 sabían da intencións de ubicar en Redondela esta instalación e nunca avisaron á cidadanía”. Defenden que “estea avalado ou non pola lei”, é deber dos partidos políticos posicionarse neste tema “do mesmo xeito que se fixo co catastrazo ou coa eliminación da peaxe en Rande”. Dende AER, malia votar a favor da moción, puxeron en dúbida que as casas de apostas sexan as culpables do incremento da adicción ao xogo porque entenden que o problema maioritario está en internet.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Asegura que dende a súa chegada ao goberno están a traballar para tentar frear a instalación da casa de apostas
Carmen Amoedo PP
Amosa o seu apoio á coordinadora
Susana Couñago AER
Relativizan o poder das casas de apostas na proliferación do xogo
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas defenden a necesidade de actuar politicamente neste asunto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará