Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños súmanse á práctica da compostaxe

RR_Noticias

Cada vez son máis as persoas que, movidas por unha maior concienciación, buscan reducir a súa pegada ecolóxica. Un bo xeito de facelo é sumándose á compostaxe caseira, tanto a nivel individual como colectiva, tal e como se está a facer na zona do Salgueiral con moi bos resultados. Puidérono comprobar os que se achegaron á carpa do Plan Revitaliza que promove esta práctica dende a Deputación de Pontevedra en colaboración co concello. Os veciños recibían unha planta, material informativo e unha mostra do abono orgánico que sae dos composteiros comunitarios de Redondela “un compost de gran calidade que serve de fertilizante natural e que permite fuxir dos químicos”.

Evitar que os residuos domésticos acaben no colector verde, o que supón un custe económico e medio ambiental, é o que busca esta campaña de promoción da compostaxe caseira, ao alcance de calquera persoa que conte cun pequeno terreo no que colocar o composteiro. Na xornada de onte chegaba a Redondela a carpa itinerante da Deputación co obxecto de animar aos veciños a sumarse a esta práctica e resolver aquelas dúbidas que poidan xurdir en torno a compostaxe. As máis habituais, segundo nos explicaba Enrique Pintos, xiran sobre o material que é susceptible de ser compostado “que practicamente non ten excepción, xa que calquera alimento pode converterse nunha boa fonte de abono”. Os erros que si se teñen detectado responden a que moita xente non usa estruturante que é o que permite que o material se converta en compost e non en esterco “o mellor son as astillas de madeira, pero tamén herba seca ou toxos cortados previamente en anacos pequenos, unha planta moi axeitada para este función “. Engade Pintos que hai quen teme instalar na súa casa un composteiro polos prosibles cheiros que poida provocar acumular nun recipiente restos de comida pero insistie en que “un bo uso do mesmo, cubrindo o material orgánico con herba ou restos de madeira vai evitar calquera incidencia neste sentido”. Os beneficios son moitos, a nivel particular porque obtemos un abono de gran calidade que nos permitirá fuxir dos químicos, pero sobre todo a nivel medioambiental porque contribuímos a producir menos residuos que acaban sendo incinerados.  

Quique Pintos mestre composteiro
Unha práctica beneficiosa par todos
Dúbidas comúns
Xiran en torno aos restos que poden acabar no composteiro
Material estruturante
Os erros máis habituais xiran en torno a esta cuestión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará