Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela elimina as concentracións mensuais contra a violencia machista

RR_Noticias

A decisión adoptouse no Concello Municipal da Muller logo de que así o propuxera a alcaldesa, Digna Rivas. Así o explican dende o BNG, formación que considera un “erro gravísimo” eliminar estas concentracións contra a violencia machista porque en palabras da nacionalista Jessica García “malia que respectamos a decisión deste órgano de participación, consideramos que se da un paso atrás na visualización do feminicidio”.

As concentracións realizábanse mensualmente o primeiro luns de cada mes na praza do Concello. Consistían nunha convocatoria institucional que “conxugaba o acto institucional, coa participación de vogalías da muller de asociacións veciñais ou doutros colectivos que traballan no eido da igualdade”. Para o BNG estes actos permitíanlle a moitas veciñas de Redondela vítimas do machismo e do patriarcado, coñecer que existe unha rede de apoio institucional e veciñal que as pode amparar, apoiar, protexer”.
Segundo manifestou a edil “o que máis nos sorprendeu foi que un goberno denominado progresista, presentara e apoiara a eliminación destes actos públicos. Pola nosa banda, dende o BNG, negámonos en rotundo a que estas concentracións desapareceran, considerando que se trata dun erro gravísimo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará