O equipo de División de Honra Prata que adestra Elisardo Covelo “Chini” fíxose co triunfo en Palencia, e suma os primeiros puntos da temporada. Nas categorías masculinas, o Rodosa Chapela de Primeira Nacional perdeu a imbatibilidade ante o Ampate Lanzarote, mentres a SAR de Autonómica gañou ao Pabellón Ourense.
División de Honra Prata Feminina
Palencia 33-35 SAR Rodavigo
Primeira vitoria da temporada para a SAR Rodavigo, que logrou imporse ao Palencia Turismo na súa visita ao Pavillón Mariano Haro nun partido no que destacou Laura Domínguez, con 12 goles. As de “Chini” escapan así do pozo da táboa, e preparan o econtro que esta próxima fin de semana traerá a Redondela ao Lavadores. Interesante derbi coas viguesas no 9º posto da táboa.
Primeira Nacional
Gourmet Ampate Lanzarote 27-23 Rodosa Chapela
O equipo de Fran Teixeira perdeu en Canarias a condición de invicto cunha derrota ante o Ampate Lanzarote. O Rodosa Chapela descende á 6º posición, co liderado a 2 puntos que ostentan Xiria, Ingenio e Lalinense. Con es último mediranse o Chapela na próxima xornada
Primeira Autonómica
SAR Plastic Omnium 33-23 Pabellón Ourense
Estreo da temporada con vitoria para o equipo redondelán nunha primeira xornada na que non se rexistrou ningún empate.O equipo de División de Honra Prata que adestra Elisardo Covelo “Chini” fíxose co triunfo en Palencia, e suma os primeiros puntos da temporada. Nas categorías masculinas, o Rodosa Chapela de Primeira Nacional perdeu a imbatibilidade ante o Ampate Lanzarote, mentres a SAR de Autonómica gañou ao Pabellón Ourense.