O pasado día 8 era un trailer o que quedaba empotrado no Camiño do Penisal. Dous días despois outro vehículo corría a mesma sorte nas inmediacións do colexio Alexandre Bóveda. Dende a Asociación de veciños da Chapela alertan da perigosidade destes accesos “viais moi estreitos, mal sinalizados e compartidos por vehículos a motor e viandantes”. Reclaman unha mellor sinalización que, cando menos, evite que transiten por eles vehículos de grandes dimensións que acaban atrancados entre as vivendas.
Explican dende a Asociación de veciños que en Chapela hai numerosos camiños que se poden cualificar como accesos perigosos polas súas características, a mala sinalización e o feito de seren empregados por vehículos e peóns. Unha situacións que no caso do Camiño dos Olmos, Salgueiro e Alexandre Bóveda, agrávase por seren accesos o Colexio Alexandre Bóveda e, polo tanto, moi empregados polos nenos que acoden ao centro educativo.
Nestes viais aseguran “non se respecta a velocidade, non hai sinalización axeitada, non teñen canaletas transversais de recollida de augas pluviais, carecen de pasos peonís e, a maiores, a fata de sinais fai que se adentren nos mesmos camións e trailers de grandes dimensión que quedan atascados “causando danos as edificacións e peches das vivendas, a maioría o quedar atrapados sen posibilidade de saír polos seus medios, teñen que utilizar o servizo de gindastres, o que provoca o taponamento do vial durante varias horas.