Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galiza Nova súmase ás protestas contra a instalación dunha casa de apostas en Redondela

RR_Noticias

A coordinadora contra a casade apostas convoca novamente hoxe ás 18:00 horas unha concentración na rúa Ernestina Otero, diante do local que está a ser acondicionado para albergar este negocio e cuxa apertura xa foi rexeitada unanimemente por todos os grupos presentes na corporación municipal.

Os convocantes pretenden manter estas protestas todos os luns de outubro e veñen de recibir un novo apoio, neste caso dende Galiza Nova que anima a toda a mocidade e a toda a veciñanza a que continúe coas concentracións convocadas a raíz da preocupación xerada na cidadanía logo de que hai unhas semanas transcendera a noticia de que unha empresa ten a intención de abrir unha casa de apostas no centro de Redondela.
Dende Galiza Nova ven con “gran preocupación que poida chegar ao municipio de Redondela un tipo de negocio puramente capitalista que xoga coa falsa ilusión e a falsa esperanza de que a sorte pode arranxar unha mala situación económica, cando en realidade todo está pensado para sacar a maior cantidade de cartos posible a quen menos ten polo que non é de estrañar que se detecte nos últimos anos un aumento da presenza destes locais en barrios obreiros”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará