Un lume afectou na madrugada de onte a unha carpintería ubicada na parroquia de Reboreda. O lume comezou na noite do sábado para domingo e a rápida actuacións dos veciños da zona e a colaboración dos axentes da Policía Local que se trasladaron ata o lugar conseguiron sufocar as lapas.
Ata o lugar tamén se desprazaron membros de protección civil así como unha ambulancia do 061, cuxa intervención non foi precisa xa que os danos foron tan so materiais. Tamén se achegou unha dotación de bombeiros do Porriño, aínda que so tiveron que arrefriar a zona xa que a súa chegada o lume estaba xa apagado.