Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Redondela mobilízanse contra a sentenza do “procés”

RR_Noticias

Centos de persoas secundaron as protestas convocadas pola plataforma “Galiza con Catalunya” en varias localidades de toda Galicia tras a sentencia do proceso independentista catalán. Tamén en Redondela preto dun cento de veciños protagonizaron na tarde de onte unha concentración ás portas do concello en solidariedade cos condenados polo proceso soberanista catalán e en contra da “baixísima calidade da democracia no Estado español”.

As concentración celebráronse á mesma hora, ás 20:00 horas, nas setes cidades galegas así como en Burela e Redondela. Unhas protestas convocadas pola plataforma “Galiza con Catalunya” como resposta ao fallo xudicial coñecido onte con duras condenas para os doce procesados polo proceso independentista catalán. Unha bandeira catalá xunto con outra galega presidían unha mobilización na que estiveron presentes entre outros representantes do BNG e da Agrupación de Electores de Redondela e na que se escoitaron voces “contra unha sentenza que busca taparlle a boca a metade da poboación de Catalunya” resultado dun “Estado sen capacidade para respectar outras culturas e identidades”. O manifesto que se lía ao remate da concentración cualificaba o xuízo de “farsa” que deu paso a unha “sentenza que leva moitos meses escrita e gardada nun caixón”.  

Manifesto
A lectura do manifesto pechou o acto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará