Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova concentración contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela

RR_Noticias

A mobilización, que se vén repetindo todos os luns ás seis da tarde dende mediados de setembro, terá lugar hoxe ás portas do local que está a ser reformado na rúa Ernestina Otero para albergar un salón de xogos no que se prevé instalar un mini casino, un bar e un despacho de todo tipo de apostas. Os organizadores traballan xa na manifestación que se vai celebrar o vindeiro sábado 26 con saída ás 19:00 horas dende a Praza de Ribadavia.

A Coordinadora veciñal creada logo de coñecerse a intención de instalar este negocio en Redondela anima a veciños e veciñas a participar da concentración que terá lugar na Rúa Ernestina Otero esta tarde. Durante a mañá de hoxe, aproveitando a xornada de feira en Redondela, teñen instalada unha mesa informativa e de recollidas de sinaturas nos soportais do concello.
Unha coordinadora conformada por veciños a título particular así como por Anpas e colectivos sociais que amosan a súa preocupación ante a problemática que leva aparellada este tipo de negocios que, insisten, buscan instalarse en zonas especialmente vulnerables “neste caso ao carón dos centros educativos e as instalacións deportivas da Marisma, moi empregadas pola xuventude, un grupo especialmente fráxil en canto á adicción ao xogo”.
Ademais desta concentración que busca “amosar o rexeitamento da veciñanza a esta instalación” está na traballar xa nunha manifestación que se vai celebrar o sábado 26 con saída dende a praza de Ribadavia ás 19:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará