Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oficina de turismo reabre as súas portas nunha nova ubicación provisional nos baixos do Concello

RR_Noticias

O concelleiro de cultura e turismo, Daniel Boullosa, confirma que o servizo estará atendido por persoal dependente da Deputación. O obxectivo é manter esta oficina aberta permanentemente durante todo o ano e, no futuro, instalar esa oficina nas salas que actualmente ocupan os Servizos Socias na rúa Isidoro Queimaliños “de xeito que estaría no camiño de Santiago, o que facilitaría a atención dos peregrinos, que conforman o 91% de turistas que visitan a nosa vila”.  Lembra o edil que o peche actual tanto das instalacións do Meirande como da oficina de turismo, ven herdada do goberno anterior “o persoal estaba contratado ata o 10 de outubro”.

Nestes momentos dende o goberno local están xa a traballar na contratación dunha empresa que se encargaría de xestionar o Museo Meirande ata que poida ser contratado novo persoal. Polo de agora, a aula de interpretación nas vindeiras semanas abrirá tan só puntualmente para atender visitas organizadas así como vindeiro sábado, día 26, co gallo das visitas teatralizadas que se realizarán ás 17:00h e ás 18:30 horas. Insiste o edil que tanto o peche do Meirande como a oficina de Turismo era algo previsto “os traballadores foron contratados polo anterior goberno con cargo ao Plan Concellos da Deputación, e tal e como se fixo a contratación este persoal deixaban de prestar o servizo este mes”. Anuncia que de xeito inmediato “en cousa de dous ou tres días” a Oficina de turismo volverá abrir aínda que cunha nova ubicación “peregrinos e visitantes poderán achegarse aos baixos do concello onde serán atendidos por persoal cualificado en horario de 11 a 14:00 horas”. Un espazo que será temporal xa que no futuro, unha vez que os Servizos Sociais se trasladen ao novo local nos baixos de Regojo, ese espazo será acondicionado para albergar de xeito permanente a nova oficina de turismo “un lugar moi axeitado por atoparse na rúa Isidoro Queimaliños por onde discorre o camiño a Santiago pero no que é encesario acometer obras para eliminar as barreiras arquitectónicas”.  

Daniel Boullosa edil de turismo
Un peche previsto
Ubicación temporal
A oficina de turismo estará nos baixos do concello
Plans de futuro
O obxectivo é que abran de xeito permanente todo o ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará