Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior trasladará a depuradora do peirao de Arcade

RR_Noticias

Augas de Galicia solicitou ao consistorio os terreos necesarios para a contrución dunha nova estación adaptada a última normativa, o que permitiría eliminar a actual estación depuradora que se atopa no peirao de Arcade. O Concello deberá agora achegar os terreos necesarios para iniciar os traballos topográficos necesarios para levar a cabo o proxecto.

A actual depuradora de augas de Arcade está a piques de non cumprir coa nova normativa europea ao carecer dun tratamento secundario, ao que se suma que, ao atoparse en terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre, non se pode ampliar para levar a cabo ningún tipo de mellora nin renovación.
Por iso, o Concello de Soutomaior solicitou a colaboración de Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora que se axuste á nova normativa europea. Unha colaboración que agora se confirma e que dá paso a procura dos terreos necesarios, que, segundo Augas de Galicia, deberán ter unha superficie non inferior a 15.000 metros cadrados.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o beneficio desta nova infraestrutura en todos os aspectos. “Mellorarase en capacidade e funcionalidade coa nova estación e ademais sacamos a vella do Peirao, lugar pouco axeitados para esta infraestrutura á beira dunha área infantil, unha praia e un paseo marítimo”. Para o rexedor local a nova depuradora será unha gran mellora ambiental e urbanística para Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará