Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O espírito do Samaín estendese pola comarca

RR_Noticias

Achégase o día do Samaín e son moitas as actividades que dende Concellos, asociacións e centros culturais organizan neste 31 de outubro orientadas, principalmente, aos máis pequenos. Obradoiros, concursos e propostas “terroríficas” para unha festa que ano tras ano cobra máis pulo. En Redondela, as actividades organizadas na Alameda Castealo e na Alameda de Chapela previsiblemente desprazaranse aos multiúsos da Xunqueira e o Piñeiral polo mal tempo.

A Concellería de Xuventude organiza obradoiros de cociña e maquillaxe terrorífica, convida aos nenos a decorar as súas cabazas e propón tamén a elaboración de cestas, nuns talleres que no caso de Redondela arrancarán ás 16:30 horas mentres que en Chapela comezarán ás cinco da tarde. Malia que a ubicación inicial prevé estas actividades nas respectivas Alamedas, a mala previsión meteorolóxica apunta a que se realizarán nos Multiúsos da Xunqueira e o Piñeiral. Tamén na Alameda Castealo está previsto instalar un pasadizo do terror que estaría aberto de 18:00 a 21:00 horas.
Reveriano Soutullo
Tamén este xoves os comerciantes da zona de Reveriano Soutullo xunto con Mimarte taller creativo convidan aos nenos a participar dun concurso de cabazas que arrancará ás 17:00 horas e que contará con premios á cabaza artística e a mellor cabaza tradicional.
A Miñoteira
O centro cultural A Miñoteira de Ventosela ten tamén propostas para este 31 con maquillaxe terrorífica, bailes fantasmagóricos, pócemas máxicas e probras para todos os que se acheguen o xoves a partir das 17:30 horas.  
Reboreda
Pola súa banda, a Cultural de Redoreda organiza tamén os seus concursos de cabazas para nenos e de sobremesas para maiores ás 19:00 horas, con premios que consistirán en cheques de compra para a librería A Carambola.
Soutomaior
E para conmemorar esta data tan especial a OMIX de Soutomaior ten en marcha diferentes propostas que arrancarán o xoves cunha actividade de orientación orientada a maiores de 4 anos que arrancará ás sete da tarde.
O sábado celebrarase tamén unha tarde de medo na alameda de Talo Río onde haberá moitos xogos, unha casa do terror, castañas e espectáculos cos que se afondará na historia do Samaín. Rematará a xornada un pasarrúas co espectáculo “Draco” de Troula Animación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará